Benqueridos irmáns e irmás:
A pandemia estanos acornellando de novo. As autoridades sanitarias aconséllannos limitar na medida das nosas posibilidades a mobilidade e os contactos entre non convivintes. O toque de queda está fixado ás 22:00h, máis as recomendacións son claras, e o espírito da norma dinos que nos recollamos na casa en canto sexa posible.
Ante esta nova situación de máxima gravidade e para manter a raia os contaxios adoptamos as seguintes medidas.
- A misa diaria das tardes pasa ás 18:00h. Os Domingos hai celebracións:
- 10:00h Saamasas
- 11:00h, 12:00h e 18:00h Santo Antonio.
- O rezo do rosario comezará todos os días ás 17:30h.
- As reunións presenciais de catequese de comuñón e confirmación quedan adiadas. Mantemos a asistencia a misa dos domingos como parte esencial da formación, así coma o contacto telemático entre familias e catequista.
- A atención de caritas farase con cita previa e respectando sempre a hora fixada.
- Os aforamentos, un tercio da capacidade total, son os que seguen:
- Igrexa de Saamasas: máximo 15 persoas.
- Igrexa de Santo Antonio: máximo 170 persoas.
- Salas de atención, reunións, etc.: máximo 4 persoas.
- Despachos parroquiais: máximo dúas persoas.
- Lembramos a obriga de evitar encontros con persoas non convivintes, tanto no adro da igrexa como fora del.
- Insistir na obriga de gardar a distancia social, hixienizar mans e empregar a máscara en todo momento.
- Para calquera consulta chamar ao teléfono: 982 21 58 14
Esta igrexa quere que superemos esta situación de pandemia canto antes, por iso contamos co teu compromiso. Saúde e ánimo a todos.

Medo, inseguridade, distancia social…
Non deixes que che confinen o Nadal! O Nadal é alegría polo nacemento de Xesús.
Confinamento, toque de queda, soidade, arredamento das persoas queridas…
Non deixes que che confinen o Nadal! O Nadal é familia, estar unidos e celebrar a fe en Xesús, o fillo de María e de Xosé.
Prisioneiro dun Nadal de consumo, de compras e malgastando…
Non deixes que che confinen o Nadal! O Nadal é unha celebración humilde e sinxela que nos descobre o nacemento do noso Deus e Señor no medio da pobreza.
Indiferenza, irresponsabilidade, esquecerse dos demais, contravir as recomendacións sanitarias…
Non deixes que che confinen o Nadal! O Nadal é compromiso solidario inspirado no misterio do Deus encarnado, do Deus solidario que se fai pobre para enriquecernos a todos.
Superficialidade, diversión frenética e aloucada…
Non deixes que che confinen o Nadal! O Nadal é alegría, alegría interior, serena e continua de quen sabe que Deus está entre nós para sempre.
Renunciar a ser nós mesmos, consentir que outros nos teledirixan e manipulen…
Non deixes que che confinen o Nadal! O Nadal é un canto á liberdade, que para iso veu Deus ao mundo, para liberarnos de toda escravitude e facernos homes novos.
Bo Nadal.

DIARIO OFICIAL DE GALICIA MARTES 10 NOVIEMBRE 2020
Limitaciones a la permanencia de personas en lugares de culto
1.- AFORO MÁXIMO: UN TERCIO DE LA CAPACIDAD TOTAL (Aprox. 170 personas)
2.- GUARDAR DISTANCIA DE SEGURIDAD 1´5m.
3.- EVITAR AGLOMERACIONES A LA ENTRADA Y A LA SALIDA DE LA IGLESIA.
¡ACTUEMOS CON RESPONSABILIDAD!

Atopámonos ante unha realidade extraordinaria... Unha oportunidade para afiuzar a nosa misión de educar aos nenos e de transmitirlles a fe no seo da familia.
Iniciamos un camiño marabilloso de compartires a fe e acompañar aos cativos no seu encontro con Xesús e na súa experiencia de Deus coma Pai que nos ama.
A fe é un agasallo que recibimos o día do bautismo e, como semente posta na terra do corazón, medra ao longo da vida. Os pais e o ambiente familiar son lugar privilexiado para a vivencia da fe e o compromiso cristián. O Papa Francisco di: "Preocupádevos de educalos na fe, de ensinarlles a rezar e a medrar como facía Xesús, en estatura, en sabedoría e en graza diante de Deus e máis da xente".
Con moita esperanza comezamos este tempo de "Catequese Familiar", dende a parroquia queremos acompañarvos e quedamos a vosa disposición para todo canto necesitedes.
Moitas grazas e adiante!
Página 9 de 12