Benqueridos irmáns e irmás:

A pandemia estanos acornellando de novo. As autoridades sanitarias aconséllannos limitar na medida das nosas posibilidades a mobilidade e os contactos entre non convivintes. O toque de queda está fixado ás 22:00h, máis as recomendacións son claras, e o espírito da norma dinos que nos recollamos na casa en canto sexa posible.

Ante esta nova situación de máxima gravidade e para manter a raia os contaxios adoptamos as seguintes medidas.  

  • A misa diaria das tardes pasa ás 18:00h. Os Domingos hai celebracións:
    • 10:00h Saamasas
    • 11:00h, 12:00h e 18:00h Santo Antonio.
  • O rezo do rosario comezará todos os días ás 17:30h.
  • As reunións presenciais de catequese de comuñón e confirmación quedan adiadas. Mantemos a asistencia a misa dos domingos como parte esencial da formación, así coma o contacto telemático entre familias e catequista.
  • A atención de caritas farase con cita previa e respectando sempre a hora fixada.
  • Os aforamentos, un tercio da capacidade total, son os que seguen:
    • Igrexa de Saamasas: máximo 15 persoas.
    • Igrexa de Santo Antonio: máximo 170 persoas.
    • Salas de atención, reunións, etc.: máximo 4 persoas.
    • Despachos parroquiais: máximo dúas persoas.
  • Lembramos a obriga de evitar encontros con persoas non convivintes, tanto no adro da igrexa como fora del.
  • Insistir na obriga de gardar a distancia social, hixienizar mans e empregar a máscara en todo momento.
  • Para calquera consulta chamar ao teléfono: 982 21 58 14

Esta igrexa quere que superemos esta situación de pandemia canto antes, por iso contamos co teu compromiso.  Saúde e ánimo a todos.

Medo, inseguridade, distancia social…

Non deixes que che confinen o Nadal! O Nadal é alegría polo nacemento de Xesús.

 

Confinamento, toque de queda, soidade, arredamento das persoas queridas…

Non deixes que che confinen o Nadal! O Nadal é familia, estar unidos e celebrar a fe en Xesús, o fillo de María e de Xosé.

 

Prisioneiro dun Nadal de consumo, de compras e malgastando…

Non deixes que che confinen o Nadal! O Nadal é unha celebración humilde e sinxela que nos descobre o nacemento do noso Deus e Señor no medio da pobreza.

 

Indiferenza, irresponsabilidade, esquecerse dos demais, contravir as recomendacións sanitarias…

Non deixes que che confinen o Nadal! O Nadal é compromiso solidario inspirado no misterio do Deus encarnado, do Deus solidario que se fai pobre para enriquecernos a todos.

 

Superficialidade, diversión frenética e aloucada…

Non deixes que che confinen o Nadal! O Nadal é alegría, alegría interior, serena e continua de quen sabe que Deus está entre nós para sempre.

 

Renunciar a ser nós mesmos, consentir que outros nos teledirixan e manipulen…

Non deixes que che confinen o Nadal! O Nadal é un canto á liberdade, que para iso veu Deus ao mundo, para liberarnos de toda escravitude e facernos homes novos.

 

Bo Nadal.

 

DIARIO OFICIAL DE GALICIA MARTES 10 NOVIEMBRE 2020

 

Limitaciones a la permanencia de personas en lugares de culto

 

1.- AFORO MÁXIMO: UN TERCIO DE LA CAPACIDAD TOTAL (Aprox. 170 personas)

2.- GUARDAR DISTANCIA DE SEGURIDAD 1´5m.

3.- EVITAR AGLOMERACIONES A LA ENTRADA Y A LA SALIDA DE LA IGLESIA.

 

 

¡ACTUEMOS CON RESPONSABILIDAD!