O vindeiro Domingo 22 de outubro celebramos, xunto co DOMUND, o envío de catequistas. Na nosa parroquia queremos remarcar o carácter misioneiro que  cobra a catequese, mais no contexto actual no que vivimos. Os catequistas son chamados polo Señor a prestar na igrexa este servicio tan importante a prol da transmisión da fe. As nosas catequistas desexan compartir a fe cos nenos e descubrir xuntos o camiño que conduce cara o encontro con Xesús.  Grazas a todas as catequistas-misioneiras da nosa parroquia por ser “pés en camiño”, grazas pola vosa vocación e polo voso traballo.

Pin It