O Papa lanzou unha consulta aos católicos/as e a todas as persoas de boa vontade para escoitarnos uns a outros e, xuntos, escoitar ao Espírito Santo. Na parroquia de Santo Antonio andamos a voltas co tema e queremos que chegue a cantos máis mellor. Colgamos este cuestionario na nosa web para que nos remitas por correo o teu traballo: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Aproveita esta ocasión única e responde á invitación do Papa Francisco para expresarte libremente e dicir o que pensas.
Agradecemos por adiantado o tempo que dedicaches a este asunto tan importante.
(Cuestionario anónimo. Non se recollen datos persoais)
- COMO VES A NOSA PARROQUIA DE SANTO ANTONIO? E A IGREXA EN LUGO? E A IGREXA UNIVERSAL?
- QUE ASPECTOS POSITIVOS DESTACARÍAS DA VIDA DA IGREXA?
- QUE COUSAS PODEN DISTANCIAR ÁS PERSOAS DE DEUS E DA IGREXA?
- QUE CAMBIARÍAS NA TÚA PARROQUIA?
- A QUE ASPECTOS OU REALIDADES DO NOSO MUNDO DEBERÍA ACHEGARSE MÁIS A IGREXA? (NA CULTURA, NA POLÍTICA, NA ECONOMÍA, NO SOCIAL…?
- CREES QUE A IGREXA DEBERÍA AFASTARSE DE ALGO OU HAI ASPECTOS OU RELACIÓNS QUE LLE PREXUDICAN NA SÚA MISIÓN?
- PENSAS QUE A IGREXA PROMOVE A PARTICIPACIÓN DE TODAS AS PERSOAS NAS SÚAS TAREFAS E MISIÓN? QUE PROPÓS PARA UNHA IGREXA MÁIS PARTICIPATIVA? COMO CHE GUSTARÍA PARTICIPAR NA VIDA DA IGREXA?
- A MISA DO DOMINGO E AS OUTRAS CELEBRACIÓNS (Bautismos, Comuñóns, Funerais, Confirmacións…) AXÚDANCHE A VIVIR MELLOR O TEU COMPROMISO CRISTIÁN? QUE MELLORARÍAS NAS EUCARISTÍAS E NA LITURXIA EN XERAL?